Servizo Municipal de Educación
O Servizo Municipal de Educación é o departamento do Concello da Coruña responsable de xestionar as competencias educativas municipais e de promover e xestionar as intervencións de apoio á educación que se planifican dende a Concellería de Educación da Corporación Municipal.
Os programas municipais de educación teñen como primeiros destinatarios os alumnos do municipio, polo que están abertos a todos os centros educativos con independencia da súa titularidade xurídica. No caso de que a dispoñibilidade de prazas o permita, os programas están tamén abertos aos centros educativos da mancomunidade de municipios da Coruña nas mesmas condicións. Os centros educativos de fóra desta mancomunidade poden tamén acceder a estes programas cando queden prazas dispoñibles.
Un dos obxectivos da actuación municipal en materia educativa é ofrecerlles aos centros escolares programas estables, de xeito que estas actividades poidan integrarse tanto no Proxecto Educativo do Centro (PEC), coma no seu Proxecto Curricular (PPC) e nas súas Programacións xerais anuais (PGA).
Por este motivo, o Servizo Municipal de Educación organiza actividades que se reiteran duns cursos a outros, para lles facer posible aos centros escolares unha planificación da participación a longo prazo.
Ao mesmo tempo, é tamén obxectivo municipal dotar os seus programas de materiais didácticos de apoio que aseguren a axeitada explotación destes en termos de aprendizaxe. A elaboración destes materiais require a colaboración activa dos profesores co fin de que resulten axeitados ás súas necesidades e coherentes coas súas estratexias didácticas.
Servizo Municipal de Educación
Sede:
Horario de atención ao público:
Concelleiro da Área de Benestar e Cooperación:
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación
O deseño e a creación destes programas educativos municipais, responsabilidade do Servizo Municipal de Educación, responde á aplicación conxunta dos seguintes principios:
A política de colaboración subsidiaria cos centros educativos do municipio establecida pola Concellería para mellorar a calidade da educación no municipio lévase a cabo por medio dos Programas Educativos Municipais, que se desenvolven arredor de 10 eixes temáticos: Descubrir Coruña, Descubrir o teatro, Descubrir a música, Descubrir os libros, Descubrir a informática, Descubrir os estudos, Descubrir o ocio, Descubrir a participación, Descubrir o Mundo e Madrugadores.